
Os fíos
Autor: Xurxo Sierra Veloso
Número de Páginas: 118A novela comeza un venres outonizo e soalleiro no que Antón Queguas chega a un hotel rural na procura de descanso e rutas de montaña. Citouse alí con Lidia, a súa parella, á que só ve durante as fins de semana. Cando sobe á habitación, decátase de que a calefacción non funciona, polo que pide axuda á empregada do establecemento, Baldi, unha rapaza moi nova, pouco faladora e esvaidamente misteriosa. Iníciase daquela un xogo de azares e malentendidos que van cambiar por completo a vida dos personaxes. Uns meses máis tarde, Antón recibe a notificación dun avogado: Baldi está embarazada e cítao para unha proba de paternidade. Lidia, sentíndose traizoada, percorre as estradas co seu catálogo de pintura contemporánea, mentres tenta afogar os accesos de xenreira e rancor que a asolagan. E aínda hai un terceiro protagonista, Chano Bendaña, un modesto artesán xoiero que se ve implicado, dun xeito inesperado, nunha enxurrada de confusións.Antón, Lidia e Chano: tres historias que camiñan pola fronteira do cotián e do absurdo, enfiadas por Xurxo Sierra con intelixencia e saber facer narrativo. Unha historia de vidas cruzadas na que o destino dos personaxes introduce ...

























![Primera parte [y segunda parte y adiciones] de la summa, en la qual se cifra, y summa todo lo que toca y pertenece a los Sacramentos, con todos los casos y dudas morales resueltas y determinadas](https://cdn1.descargarlibros.cl/images/libro/primera-parte-y-segunda-parte-y-adiciones-de-la-summa-en-la-qual-se-cifra-y-summa-todo-lo-que-toca-y-pertenece-a-los-sacramentos-con-todos-los-casos-y-dudas-morales-resueltas-y-determinadas-id-0RhZAAAAcAAJ.jpg)









